Alternativa Vaivén – 3 xuño 2017

Coa mirada posta no Día do Medio Ambiente, 5 de xuño, ADS comezou a mañá deste sábado 3 de xuño de 2017. A proposta de coidar uns dos bens máis preciados do planeta, a auga, tinguía a actividade traída polos animadores e animadoras. Co xogo de rol sobre o consumo de auga dunha familia galega experimentouse que o mal uso da auga trae consecuencias para todos e todas.

Saltimbanquis tamén se animaba a facer un guiño ao coidado do Medio Ambiente e empregaron a simboloxía do arco da vella como sinal de esperanza. O conto de “A disputa das cores” animaba a valorar as diferenzas, a potencialidade do grupo cando está unido, etc. Cada unha das cores do arco materializouse nun xogo co que se conseguía unha pintura diferente. A mañá rematou con todo o grupo embadurnado co motivo de debuxar un arco da vella xigante, que decorará a sala Laranxa (Saltimbanqui) lembrándonos o día de hoxe.

Andaina por outra banda, botaba a mirada atrás, facendo unha revisión de todo o curso. “Que foi Andaina para ti este ano?” foi a pregunta que presidiu o tempo de amigos e acompañoulles ao longo da actividade. Pancartas e moitas risas resumiron o curso 2016-2017. Agora, xa na recta final, so queda preparar a acampada da fin de semana do 17 e 18 de xuño.

Para ver as fotos da mañá pincha aquí.