Xesto pola paz en Xinxín

Esta semana co motivo do Dia da Paz e da non violencia os rapaces e rapazas das tres sedes do proxecto de apoio escolar e ludoteca do centro xuvenil Abertal,  fixeron unha xornada de origami, debuxos e murais decorados cunha pomba da Paz onde escribimos un bo desexo para todos e todas.

Unha vez rematados os deberes do cole, puxémonos mans a obra; alguén con bo pulso debuxou unha pomba, un pouco de cor por aquí e ala, e listo!! Todos e todas xa tiñan pensada a mensaxe de paz que ían escribir para os seus amigos, familiares ou compañeiros, e así sementamos o papel de verbas contra a violencia e de frases para a paz.

As diferentes pombas da paz quedarán decorando as paredes ou os teitos das tres sedes durante todo o curso para que poidan voar e facerse realidade, ademais de lembrarnos que o día da Paz ten que ser … tódolos días!!!

 

Para ver o resultado dos distintos obradoiros, preme aquí.