Vixilia e festa xuvenil Don Bosco

Non era 31 pero era o último venres de xaneiro e os mozos e mozas de Abertal acordamos que era o mellor momento para ter unha vixilia e unha festa xuvenil co gallo da festa de Don Bosco.

Logo dun mes enchido de actividades, torneos, obradoiros, formacións, xogos e moita festa, o centro xuvenil quíxolle poñer o broche final a este mes de xaneiro, mes de Don Bosco cunha gran festa. Logo de ter as nosas respectivas reunións de catecumenado, un grupiño de persoas comprometeuse a preparar os diferentes momentos da velada xuvenil. Os máis maiores, dos grupos de Referencia, animadores e animadoras dos rapaces e rapazas máis pequenas do Itinerario de Educación na Fe, encargáronse de organizar, motivar e dinamizar unha cálida vixilia xuvenil na que as sementes de mostaza foron o fío conductor. Con tal motivo, cada quen levou a súa maceta, para facer medrar esa semente que Don Bosco plantou vai  máis 200 anos. 

A xente máis moza, logo de ter este anaquiño de tranquilidade e oración persoal, demandaba mover o corpo e comer algo. E así foi, outro grupo de persoas tiña preprado para nós na sala de xogos uns petiscos para que ninguén quedase sen forzas, e así cantar no karaoke e bailar ao ritomo do Just Dance ata ben entrada a madrugada. Aínda non remataramos a festa xuvenil e os animadores e animadoras xa estabamos pensando na celebración de Don Bosco con Alternativa Vaivén; porén Iniciación I e Iniciación II aínda querían continuar de festa, pero como aínda se están a estrear nesto das festas nocturnas, preto das 01,00 h. comezamos a recoller e colaborando, rematamos rápido.

Viva #DonBosco

Para ver as fotos preme aquí.