Convidamos aos nosos escritores e escritoras a participar nun novo concurso de contos hipercurtos: pedimos textos de 175 palabras como máximo para dalos a coñecer o 17 do maio do 2017.

A Federación de Centros Xuvenís Don Sosco de Galicia é unha entidade prestadora de servicios á mocidade, nacida en 1993, que traballa no eido da prevención, da educación no tempo libre, da animación xuvenil e do desenvolvemento sociocultural.

Son Membros da Federación as asociacións xuvenís seguintes:

Centro Xuvenil Don Bosco - Santiago de Compostela
Rúa Selvís, 2 1 Telf.: 981 582 243
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Asociación Xuvenil Amencer - Ourense
Praza Don Sosco 1, baixo I Telf.: 988 218 123
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Asociación Xuvenil Abertal -Vigo
Rúa Venezuela 3, baixo I Telf.: 986 225 662
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Centro Xuvenil Abeiro - A Coruña
Rúa Don Sosco, 11 Telf.: 693 846 023
cxabeiEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Centro Xuvenil Ateibo - Lugo
Praza da Milagrosa, 10 1 Telf.: 633 674 528
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

Federación de Centros Xuvenís Don Sosco de Galicia
Rúa Selvís, nº 2 - 15703 Compostela
Tfno.: 981 582 243 /  647 131 705
www.fedboscogal.org/ Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


BASES
1. Poderán participar todas as persoas que o desexen.
2. Estabelécense tres categorías; cada participante será inscrito nunha delas segundo a súa idade o 1 de maio do 2017:
    a) Nenos e nenas ata 13 anos;
    b) Mozos e mozas entre 14 e 30 anos;
    c) Maiores de 30 anos.
3. Os hipercurtos contos estarán escritos en galego, serán orixinais e inéditos e terán unha extensión máxima de 175 palabras.
4. A temática é libre.
S. Os hipercurtos contos presentaranse:
    - Mediante o formulario habilitado en fedboscogal.org, ou
   - Por correo postal, sen identificación, facendo constar o seu título. Acompañando a obra e nun sobre pechado, enviaranse os datos completos do autor ou autora (nome, apelidos, idade, enderezo, teléfono e unha fotocopia do DNI). Noexterior dosobre deberá estar escrito o título do hipercurto conto entregado e a data de nacemento do autor ou autora.
6. Cada autor ou autora poderá presentar o número de hipercurtos contos que desexe.
7. Os hipercurtos presentados por correo postal deben ser entregados na secretaría técnica da Federación de Centros Xuvenrs Don Bosco de Galicia (na rúa Belvís, ne 2; CP 15703, Compostela; tfno. 981582 243), en man ou por correo (mellor certificado) antes do 1 de maio do 2017, facendo constar no exterior do sobre 'Concurso dehipercurtoscontos'. O17 demaio do 2017 daranse a coñecer as persoas gañadoras.
8. Os textos enviados aoconcurso pasarán a ser propiedade da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, renunciando os seus autores e autoras aos seus dereitos como tales.
9. Despois da elección dostextos gañadores, será publicado un caderno no que estese outros
textos, seleccionados entre todos os presentados, quedarán recollidos.
10. Os premios quedan estabelecidos, por categorías, do seguinte xeito:
      a) 70 €
      b) 130€
      c) 100 €.
Haberá taménun accésit de 60 € para a persoa membro da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia mellor clasificada.
11. Os premios serán únicos e indivisíbeis. A xuízo do xurado e segundo a calidade das obras, poderase declarar deserto algún premio.
12. O xurado estará composto polos membros da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia que a comisión Galiza designe. A decisión do xurado será inapelábel.
13. A participación neste concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases.


"(...) cómpre telo [a Castelao] por criador dun género literario: os contos curtos, verdaderias novelas nunha página, dun humorismo tan fondo, dunha intensidade trágica tan pungente, dunha poesía tan extraordinaria...".

Risco, referíndose -en A Nosa Terra, no 1928- ás Cousas de Castelao