Desde o 14 de outubro 2016 temos unha nova incorporación no centro xuveníl que nos axudará durante 7 meses a crear e implementar unha base de datos que axilice as xestións dos nosos usuarios. Esto é posible xa que Abertal é beneficiaria dunha subvención para a contratación de traballadores desempregados grazas ás axudas da Conselleria de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia coa cofinanciación do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Benvida Estefanía!