Mañás de Verán 2017
Mañás de Verán 2017
Curso de monitores de tempo libre e manipulador de alimentos
Curso de monitores de tempo libre e manipulador de alimentos
Campamentos de verán 2017
Campamentos de verán 2017
Proxecto Solidario Suriya
Proxecto Solidario Suriya
Novas voluntarias europeas
Novas voluntarias europeas

A titulación de monitores de actividades de tempo libre é un título que concede a Dirección Xeral de Xuventude. Para a súa obtención están recoñecidas unhas institucións chamadas “Escolas de tempo libre” Entre estas encóntrase a Escola de tempo libre e animación sociocultural DON BOSCO (ETLDB), recoñecida a tal efecto o 1 de xuño de 1986.

REQUISITOS
Para a matrícula no curso de monitores é imprescindible  cumprir estes requisitos:
·    Ter máis de 18 anos no comezo do curso (engadir fotocopia do DNI)
·    Ter graduado en educación secundaria, graduado escolar, técnico auxiliar en FP ou equivalente.

PREZO: 250 EUROS (taxas de expedición do título non incluídas)

DESCRICIÓN DO CURSO
Para a obtención deste título, o alumno/a debe superar dúas fases descritas no decreto vixente na actualidade, reelaborado por esta escola.

A PRIMEIRA FASE, chamada teórico-práctica, é a que se corresponde propiamente co curso. Ten unha duración de 200 horas organizadas en 20 xornadas de 10 horas cada unha, correspondentes polo xeral a unha materia do plano de estudios descrita no citado decreto, adaptado por esta ETLDB dentro das súas competencias.

A SEGUNDA FASE correspóndese cun período de prácticas, nunha destas dúas modalidades:
    - 14 días de actividades ao aire libre (campamentos, colonias…) en bloques non inferiores a tres días.
    - 150 horas en actividades cunha entidade que traballe no eido da educación no tempo libre.

A MAIORES os alumnos que así o desexen poden complementar esta titulación oficial co certificado de manipulador de alimentos.

DATAS
Xuño 2017: 12,13,14,15,16,19,20,21,22,23,26,27,28,29 e 30
Xullo 2017: 3,4,5,6 e 7

HORARIO de 9h a 14h e de 16h a 21h


AVALIACÓN
A avaliación de ambas frases correspóndelle á ETL, baseándose en criterios establecidos ao comezo de cada curso.

Normas xerais de inscrición
A inscrición no curso farase na secretaría do Centro Xuvenil ABERTAL , coa entrega persoal do impreso de inscrición xunto co 50 €  do importe total do curso.
O restante 200 € da matrícula terase que abonar antes do ecuador do curso. No caso  dalgunha dificultade á hora de pagar a matrícula, estudarase cada caso de xeito particular.
O prazo de matricula é de 25/04/2017 a 02/06/2017 en Abertal ou ben ata acadar o limite de 25 prazas. O importe do curso inclúe os materiais básicos, o seguro e os dereitos académicos.
As prazas son limitadas, e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Non se realizan reservas.

Baixas
Toda notificación de baixa posterior ao prazo de inscrición do correspondente curso do dereito á devolución dun 50% do importe de matrícula. Unha vez comezado o curso non haberá devolucións.
A non asistencia a un curso significa a perda de todos os dereitos de matrícula, así como o importe de mesma.

Anulación de cursos
A Escola de tempo libre reservase o dereito de anular algún curso cando o número de inscricións non sexa suficiente, a xuízo da entidade. Neste caso devolverase o importe integro da matrícula.

Certificacións
Ao final de cada curso, a Escola de Tempo Libre e animación socio cultural Don Bosco estenderá un certificado de asistencia, co número de horas indicado.

O feito de efectuar unha matrícula supón o coñecemento e aceptación destas normas.

Últimas novas