No mes de xaneiro, querendo soñar con eventos de igual calado que os do Bicentenario de Don Bosco, volvemos traballar en colaboración coa Libraría Don Bosco nunha actividade lúdica e educativa pero con un ton de novidade. Isto eran os Contapintacontos.

Ler máis: Contapintacontos por Don Bosco

A mañá en Alternativa Vaivén comezaba con nervios para todos e todas xa que eramos sabedores que algo especial íamos facer por Don Bosco. Logo do tempo de acollida e xogos no patio, desvelábase que iamos sumarnos á celebración que ía ter lugar en todos os centros xuvenís de Galicia, os que formamos a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.

Ler máis: Don Bosco en A. Vaivén

Máis de 120 persoas, entre nenos e nenas de 3 a 12 anos e as súas familias, participaron na III edición de Boscochef organizado por Abertal.

Ler máis: III Boscochef

Non era 31 pero era o último venres de xaneiro e os mozos e mozas de Abertal acordamos que era o mellor momento para ter unha vixilia e unha festa xuvenil co gallo da festa de Don Bosco.

Ler máis: Vixilia e festa xuvenil Don Bosco

 Exitosa convocatoria na terceira edición do Torneo nocturno de fútbol sala Don Bosco e do obradoiro de baile de Abertal. Máis dun cento de inscritos neste torneo que se ofrece dentro do amplo e intenso programa de actos para a celebración das festas do aniversario da fundación do Centro Xuvenil Abertal dos salesianos.

Ler máis: III Torneo futsal Don Bosco e obradoiro de danzas