Logo dunha semana que semellaba primaveral, comezamos cun chaparrón o sábado 18 de febreiro en Alternativa Vaivén. Foron os máis atrevidos e atrevidas as que chegaron correndo algo mollados e entraban nas súas salas de ADS, Andaina e Saltimbanquis para quentalo corpo.

Ler máis: Alternativa Vaivén - 18 febreiro 2017

Era 11 de xaneiro e Alternativa Vaivén encheu dous autobuses para ir a Cabeza de Manzaneda en busca da neve. As rapazas e rapaces de Saltimbanquis, Andaina e ADS xa estaban agardando o momento xa que é a saída estrela do segundo trimestre, unha das actividades máis numerosas.

Ler máis: Alternativa Vaivén - Neve

Moi diversas foron as actividades desenvolvidas hoxe nos distintos movementos da Alternativa Vaivén. Nin os temporais nin as alertas puideron co entusiasmo e a paixón dos nenos e nenas.

Ler máis: Alternativa Vaivén, 4 febreiro 2017

O pasado venres 10 de febreiro de 2017, Abertal acolleu o Curso de Maquillaxe de Fantasía organizado pola Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.

Ler máis: Curso de Maquillaxe da Federación

Esta semana co motivo do Dia da Paz e da non violencia os rapaces e rapazas das tres sedes do proxecto de apoio escolar e ludoteca do centro xuvenil Abertal,  fixeron unha xornada de origami, debuxos e murais decorados cunha pomba da Paz onde escribimos un bo desexo para todos e todas.

Ler máis: Xesto pola paz en Xinxín