O sábado 30 de novembro, Saltimbanquis, Andaina e ADS terían a derradeira actividade por movementos en horario habitual do ano. A aventura do 1º trimestre a dábamos por rematada xa que na ponte non habería actividade e o seguinte sábado ADS tería o Compostela Express e Andaina e Saltimbanquis, a súa celebración de preparación do Nadal.

Ler máis: Alternativa Vaivén - 30 novembro 2019

A pasada fin de semana os rapaces e rapazas de Iniciación e Catecumenado fomos a León para uns encontros con outros centros xuvenís da Inspectoría chamado CampoBosco e DonBosco.com-tigo. Alí, tras unha longa viaxe en bus e os pertinentes reencontros cos amigos e amigas de campamentos pasados, instalámonos nos dormitorios e tivemos a presentación do encontro, da temática "Coma na casa": Unha casa diFErente e dos grupos.

Ler máis: CampoBosco e Don Bosco.com-tigo

 Aínda non marchara o fume do V Magosto Rock (actividade xuvenil), e continuabamos o sábado 9 de novembro, pola mañá prendendo o lume para o Magosto de Alternativa Vaivén.

Ler máis: Magosto en Alternativa Vaivén

Saltimbanquis, Andaina e ADS reuníanse o sábado 16 de novembro, nunhas das súas últimas actividades da aventura deste trimestre xa que entre a celebración do Nadal e algúns festivos, xa queda menos.

Ler máis: Alternativa Vaivén 16 nov. 2019

Polo San Martiño…vai ao Magosto e canta un pouquiño!
O venres 8 na tardiña xuntámonos para festexar o V Magosto Rock, unha das grandes tradicións de Galicia en torno á festa de San Martiño. Puxemos un pouco de leña máis para facer uns bocadillos e así, entre risas e amigos e amigas ceamos todas xuntas, mentres que as castañas agardaban nos cucuruchos de papel.  

Ler máis: V Magosto Rock