A pasada fin de semana os rapaces e rapazas de Iniciación e Catecumenado fomos a León para un encontro con outros centros xuvenís da Inspectoría chamado CampoBosco. Alí, tras unha longa viaxe en bus e os pertinentes reencontros cos amigos de campamentos pasados, instalámonos nos dormitorios e tivemos a presentación do encontro, da temática (Emaús: Busca, Confía e Ama) e dos grupos para o mesmo.

Ler máis: CampoBosco 2017

Entre o 24 e o 26 de Novembro os membros de Ini1 e Ini2 asistiron ao DonBosco.com-tigo, un encontro que tivo lugar en León no que os mozos e mozas de 3° e 4° da ESO puideron reencontrarse con outros rapaces/as de outros lugares de Galicia e España, facer novos amigos e o máis importante: reflexionar sobre distintos temas, sacar conclusións e asistir e participar en momentos de oración.

Ler máis: DonBosco.com-tigo 2017

Aquí achegámoste o artigo escrito por Daniel o voluntario deste curso en Abertal. Anímate a coñecelo!!!!

EVS Vigo 2017/18

Hola, me llamo Daniel y soy de Alemania, o como se dice en alemán: Hallo, ich heiße Daniel und komme aus Deutschland.Como la vida nos ofrece muchas oportunidades,especialmente para los ciudadanos europeos, yo creo que hay que aprovecharlas y por eso decidí hacer un SVE de 11 meses aquí en Vigo en el Centro Xuvenil Abertal.

Ler máis: Daniel, voluntario europeo deste curso en Abertal!!!

Era 18 de novembro de 2017 e Saltimbanquis, Andaina e ADS quedaban coma tódolos sábados ás 11,00 h. en Abertal. Logo dun Magosto conxunto no Vixiador, gozarían dunha mañá cada quen no seu movemento.

Ler máis: Alternativa Vaivén - 18 novembro 2017

Magosto de Alternativa Vaivén.

Aínda non marchara o fume do III magosto Rock, e xa estamos de novo o sábado, 11 de novembro, pola mañá prendendo o lume para o magosto de Alternativa Vaivén

Preto dun cento de animadísimos saltimbanquis, Andainas e ADS brincamos e xogamos polo Parque Forestal do Vixiador, guiados por unha serie de probas agochadas nunha das súas sendas.

Ler máis: Alternativa Vaivén - Magosto no Parque Forestal do Vixiador