Velaquí dúas experiencias dos encontros que tiveron lugar en Ourense e Allariz a fin de semana do 25 ao 27 de novembro de 2016, DonBosco.com-tigo (por Iago López Otero) e CampoBosco (por Miguel Pérez Ojea), respectivamente:

O pasado venres día 25 de novembro comezaba un acontecemento único e irrepetible no ano e non no era o Black Friday se non algo mellor, no que o único que iamos encher  eran as nosas bolsas de experiencias para medrar e sobre todo mellorar.

Aquel especial evento comezaba entre sorrisos e apertas, reencontros  e presentacións de novas persoas que, quen sabe algún día poderían ser indispensables. O DonBosco.com-tigo xa amosaba un cúmulo de emocións que aínda estarían por chegar.

Xa de mañá pequenos grupos axudaban á convivencia pero tamén a medrar e coñecer "as nosas aplicacións". Estes grupos tentaban explicar a importancia dos diferentes círculos onde nos movemos por medio dunha metáfora tecnolóxica onde nos éramos o "hardware" pero tamén o "software". Todo o demais convertíanse en aplicacións que se podían condicionar unhas a outras mais ao final, os que decidimos sobre o dispositivo somos nós, por iso sempre podemos desinstalar ou actualizar. O tempo seguiu pasando e despois de tomar conciencia das nosas relacións (ou aplicacións) pasamos a un momento de reflexión de dispositivo é dicir, pensar en nós. Este esencial momento trataba o difícil tema do perdón tanto como para concederllo aos demais como para un mesmo que adoita ser menos sinxelo. Para isto, diferentes estacións e obradoiros facíanos caer na conta do problema pero a súa vez tamén da súa solución xa que moitas veces nin sequera somos conscientes do dano ou beneficio que podemos chegar a facer.

Como toda festa, rematamos con música e baile, deixamos a un lado a vergoña e pasámolo xenial. Parte fundamental de este tipo de encontro son as celebracións, festa, manifestación e compartir da nosa crenza, pero antes disto unha valoración desde Abertal, Amencer, Abeiro, Ateibo... (grupos de orixe). Nótase que a reflexión do perdón do día anterior calou nos nosos Softwares xa que a sinceridade e os compromisos naceron no grupo como nunca antes.

Estes case tres días intensos como poucos chegan ao seu fin e como consecuencia chega a amarga despedida. Deixa mal o corpo, pero non chega nin a metade da ledicia que nos levamos deste encontro. Por iso aínda que pasen meses e os quilómetros de distancia sexan centos, sempre quedan boas lembranzas e ganas por seguir construíndo novas. Para concluír este artigo paréceme imprescindible dar as grazas a todas aquelas persoas que fixeron isto posible e fano cada día nos seus respectivos centros de orixe.GRAZAS.

Iago López Otero

 

 

Partindo da lema "Eu son o camiño, a verdade e a vida" o CampoBosco deste ano proporcionounos as ferramentas para ver como anda a nosa vida e como outros llo expuxeron. Fomos testemuñas de persoas voluntarias e de familias cristiás que dedican a súa vida a axudar ao próximo e que nos falaron das súas experiencias.

Ademais de brindarnos a oportunidade de atoparnos con amigos que facía varios meses que non viamos tamén tivemos a ocasión de ver como a tecnoloxía, internet e as redes sociais cada vez toman máis importancia na nosa vida persoal. Para min o CampoBosco á parte de ser un momento de encontro tamén se converteu nun tempo de crecemento tanto a nivel de grupo como a nivel persoal.

Miguel Pérez Ojea

 

 

Para per as fotos da fin de semana, preme aquí.