Aínda non marchara o fume do II magosto Rock, e xa estamos de novo o sábado, 12 de novembro, pola mañá prendendo o lume para o magosto de Alternativa Vaivén.

Preto dun cento de animadísimos saltimbanquis, Andainas e ADS brincamos e xogamos polo patio para celebrar o magosto.
Grazas á Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia puidemos disfrutar dunha mañá de xogos populares tradicionais: as animadoras e animadores contábannos a historia de cada un deles, e aprendemos a xogar e a pasalo ben valorando tamén as nosas tradicións lúdicas.
Enfurruxados coma os mellores, sentamos arredor do lume para gustar as sabrosas castañas, aínda quentes que tamén axudaran a preparar algunhas e algúns dos ADS.
Desta volta, aínda que non puideramos ir ao monte por mor da choiva, pasámolo en grande celebrando o magosto en Abertal! Mirade as fotos para comprobalo!

Para mirar as fotos pincha aquí.