Unha nova experiencia en voluntariado

O apoio desde o  voluntariado a unha actividade como o proxecto do Clube de ocio de Abertal supón  o desenvolver  unha acción altamente gratificante para min xa que o traballo con persoas é o que máis me gusta.  
Comezar neste proxecto con participantes tan agradecidos e ser acollido dende o primeiro momento polo equipo foi moi grato e algo que me reconforta  a nivel persoal.

Recomendaría a calquera persoa que teña sensibilidade social, o participar neste tipo de actividades, xa que son unhas horas semanais nas que podes coñecer novas vidas e realidades persoais das que aprender moitísimo.
O primeiro día que comecei  a participar foi nunha saída pola noite na que coñecín a algún dos participantes.  Nos reunimos para ir a un concerto, cear e saír un pouco pola noite. A pesar de que non coñecía a ningún usuario e o principio mostreime algo tímido, enseguida me sentín integrado no grupo tanto cos participantes coma coas educadoras.
No segundo día desenvolvemos unha actividade pola tarde na zona de Bouzas e fun algo máis participativo, xa que acompañaba eu só a unha educadora  e puiden coñecer un pouco máis a fondo aos participantes e involucrarme un pouco máis no desenvolvemento da actividade.  O pasamos fenomenal!!! Tanto os usuarios coma os voluntarios, montamos en karts, paseamos pola zona de recheo e tomamos uns refrescos, e o máis importante puiden coñecer aos usuarios e os seus gustos e intereses.
Desde a visión que me pode dar estes días no proxecto creo que é algo que os participantes valoran moito e que lles axuda a realizar algo diferente na semana fóra dos centros e das súas familias, sentíndose dentro dun grupo e favorecendo ao seu desenvolvemento vital.