imprimir

Máis dun cento de participantes xuntáronse polo san Martiño en abertal para a clebración do Magosto Rock.

Desde as primeiras horas da tarde e tralas reunións de catecumenado, as mozas e mozos implicados na organización do evento estaban rebumbiando e ultimando detalles para a noite: compras de última hora, revisión de reservas, aparellos musicais, ensaios... mais so cando se acendeu o lume e o fume empezou a campear polo patio de abertal, comezaba realmetne o magosto.

Chourizos, criollos, castañas, sobremesas caseiras variadas... fixeron entrar en calor a todos os presentes. Mais a festa non remataba coa comida... había concerto!! Preto dunha ducia de temas entre uns e outros foron alongando o encontro ata ben pasada a media noite.

Bo ambiente, mellor compañía, festa entre todas e todos!

Podes votar unha ollada ás fotos aquí!

Viva o magosto!!!