Un ano máis, abrimos as nosas portas aos pequenos e pequenas da casa nas “VIII Mañás de Entroido”. Foi un campamento infantil, con nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, aberto á cidade. Desta volta foron dous días, coincidindo coas vacacións escolares de Entroido.

Sendo esta a oitava edición do campamento, 20 nenos e nenas gozaron das súas vacacións de Entroido en Abertal. Deste xeito, as familias puideron conciliar a súa vida laboral e familiar.

Nenos e animadores xuntáronse cada día, dende as 8,45 h. da mañá ata as 14,00 h. da tarde para gozar dos diferentes obradoiros e xogos. Por exemplo creación de disfraces, máscaras, obradoiros de reciclaxe, busca do tesouro, maquillaxe, xogos cooperativos, ...

Queremos que Abertal siga sendo un lugar para imaxinar, descubrir e crear, fomentar a creatividade, o compañeirismo e traballo en equipo, compartir risas a esgalla … de todo menos aburrirse.

Vémonos nas Mañás de Semana Santa!!!!

 

En breves deixaremos aquí as fotos colgadas.