A neve non da chegado aos cumios pero non nos queda pena ningunha de pospoñer a excursión xa que estamos a gozar dunhas actividades grandiosas!

Saltimbanquis meteuse de cheo na película de ToyStory, tanto foi así que atopamos a "forky" e con el, lembramos a importancia da verdadeira amizade: "quen ten un amigo ten un tesouro".

Andaina continuaba coa aventura "ti tes talento" e desta foi a especialidade culinaria e o arrecendo a cakepops o que encheo todas as salas do centro xuvenil, non sen antes conseguir cada un dos ingredientes, caendo na conta que non  todos e todas temos as mesmas posibilidades (facendo un guiño ao bocata solidario desta semana).

ADS ao rematar os Bos Días, comezaron a súa primeira viaxe en VITRADS á Escola ADS (Artes Dramáticas Savio), onde gozaron dunha xornada de aprendizaxe teatral cos grandes mestres deste mundo. Aínda que para poder entrar, tiveron que demostrar as súas capacidades no humor, a acción, a memoria, o misterio e a resistencia. Tras isto, o Tempo de Paz comezarou coa pregunta: fomos quen de traballar en grupo? E para rematar, logo de que valorar e opinar, marcharon cun compromiso respecto ao grupo ADS para todo o curso.

 

Aquí podes ver as imaxes.