Saltimbanquis, Andaina e ADS continuaban un novo sábado as súas respectivas aventuras.

O grupo dos máis pequenos e pequenas, abría as portas da súa sala de cine especial na que tiñan a oportunidade de mergullar e experiementar o mesmo que as súas personaxes. Desta vez era "Do revés". Pasando por moitas das emocións e lembrando moitas situacións nas que se sinten como as protagonistas marchaban para casa coa ledicia no corpo!
O "talent show" Andaina "Ti tes talento" abría as súas portas de novo pero buscando expertos e expertas en comunicación. Poñíanse a proba na comunicación non verbal, nos xestos, en outros idiomas e incluso na comunicación escrita/debuxada. Cun equipo gañador, continuaban cunha rolda de comunicacións en positivo, porque asegúrannos que as boas palabras nunca están de máis, e constrúen fraternidade.

ADS, dividíase en equipos para saír por Vigo adiante, aproveitando o bo tempo, nunha misión imposible, poñendo patas arriba o mercado (animando ás comerciantes) e sorprendendo á xente que paseaba pola rúa. Algo de amocionante tiña esta actividade xa que se amosaban algunhas imaxes do campamento, abrindo apetito para o vindeiro, o do verán 2020!

Pincha aquí para ver unha escolma de fotos desta actividade.