Para pechar as festas de Xoan Bosco, tocáballes desta vez aos grupos Saltimbanquis e ADS gozar dun Scape Room cun toque salesiano, ou moitos!

Esa é a razón pola que non podemos desvelar o contido de cada sala, pero o que si podemos afirmar é que o pasaron en grande, que algo lles custou, pero aproveitando as habilidades de todos os membros do equipo e facendo piña conseguiron avanzar e conseguir saír da sala final.

Andaina, por outra banda, que xa gozara do Scape Room o pasado sábado, continou coa súa aventura "Ti tes talento", e desta vez foi o talento do humor o que impregnou toda a actividade. Risoterapia, relaxación e algunha que outra broma encheron a mañá de risas que sonaban por toda a mazá salesiana! Co sorriso nos beizos marcharon para casa coa tarefa de extender a regra de ouro traballada nesa mañá: Somos alegres, divertidos/as; levamos a alegría aos demáis.

Pincha aquí para ver as fotos.