Un novo ano, o Centro xuvenil Abertal, socio fundador da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, co motivo das diferentes celebracións pola conmemoración da figura de Don Bosco, levou a cabo a VI edición do Boscochef.

Este obradoiro consistiu nunha actividade de cociña, na que os nenos e nenas aprenderon xunto cos seus pais, a facer saborosas receitas en frío. Ditas elaboracións leváronna a cabo seis estupendos chefs acompañados dos seus respectivos pinches que colaboran desde os diferentes ambientes da obra salesiana (colexio, ANPA, Teranga, Abertal e SVE, Parroquia)

As nenas e os nenos, xunto coas súas familias, gozaron dunha tarde diferente na que puideron compartir tempo e risas.

Para ver que ben o pasaron preme aquí.