Último venres de xaneiro, festa de Don Bosco, e os mozos e as mozas de Abertal sumábanse á celebración na parroquia e logo continuaban cunha festa xuvenil.

Logo dunhas semanas enchidas de actividades, torneos, obradoiros, xogos e moita festa, o centro xuvenil quíxolle poñer o broche final a este mes de xaneiro, mes de Don Bosco cunha gran velada. Un grupiño de persoas comprometeuse a preparar os diferentes momentos da velada xuvenil. A xente de Catecumenado I preparaou os pinchos cos que manter a enerxía ao longo da noite. Iniciación I encargouse de animar o segundo momento cun baile numeroso. Outro grupiño animaouse a decorar e envolvernos no ambiente de festa. Iniciación II e outros artistas invitados organizáronse para comezar a noite cun concerto con boa música.

Rematamos a noite bailando ao ritmo do Just Dance ata ben entrada a madrugada. #VivaXoánBosco

Para ver as fotos preme aquí.