Saltimbanquis, Andaina e ADS retomaban as súas aventuras no 2020 o sábado 11 de xaneiro.

Saltimbanquis abría as súas portas cunha viaxe polo mundo do cine, comezando pola peli "Hotel Transilvania" co que a aparición de diferentes mounstrous desatou algúns medos que foron quen de domar e poñerlle nome coa axuda de compeñeiros e compañeiras, ao máis puro estilo de Xesús.

Andaina, no seu afán de medrar en éxito, comezou o seu camiño no programa de TV "Ti tes talento", comezando polo talento teatral. Entre improvisación e preparación de vestiario colábase a xa coñecida polas persoas alí presentes, a parábola dos talentos. Así que marcharon dispostos e dispostas a compartir os seus talentos e facelos medrar ao máximo!

ADS comezaba retomando o vivido no Nadal, cun tempo de paz no que lles deu tempo a apreciar e reflexionar sobre a morea de cousas que se piden aos Reis Magos, caendo na conta da realidade que nos rodea (hai xente ao noso lado que non ten as mismas posibilidades ca min, etc.). E para poñerlle broche final á mañá comezaron a preparar a aventura autoxestionada, aquí todo pode pasar!

Aquí podes ver algunhas fotos.