Polo San Martiño…vai ao Magosto e canta un pouquiño!
O venres 8 na tardiña xuntámonos para festexar o V Magosto Rock, unha das grandes tradicións de Galicia en torno á festa de San Martiño. Puxemos un pouco de leña máis para facer uns bocadillos e así, entre risas e amigos e amigas ceamos todas xuntas, mentres que as castañas agardaban nos cucuruchos de papel.  

Xuntámonos sobre as 19:00 moitas persoas voluntarias para colocar as mesas, picar as castañas, preparar os chourizos, cortar o pan e facer as brasas.
Pouco a pouco foron chegando as asistentes e sobre 21,00 h. xa comezamos a comer, a compartir, e a pásalo ben. Logo de comer as castañas e tratar de ensuciarnos co carbón, demos paso a segunda parte: o Rock. Todas as que quixeran podíanse achegar a cantar ou a tocar algo en grupo ou en solitario.
A lista de temas e artistas afeccionados fixo que foran outras tantas persoas as que se animaran a subir ao escenario sen ensaiar aportando o seu talento, xuntando dúas horas de concerto.

Aquí podes atopar unha escolma de fotos que amosan o ben que o pasamos.