O pasado 26 de outubro 2019 xuntábanse Saltimbanquis, Andaina e ADS nunha xornada especial, a entrega de panos. Momento especial do inicio de curso para as persoas que chegaban por primeira vez a un movemento, pero tamén para as que as acollían con ledicia de compartir experiencias novas con xente diferente.

Saltimbanquis, na súa aventura dos contos, cunha biblioteca especial, no camiño de recuperar o conto do Rey León, Rafiki convertíase no protagonista coa súa carta que axudaría a entender a importancia dos símbolos e atopar algúns deles.

Andaina, entraba na súa máquina do tempo na que viaxaban á Idade Media, cunha cabaleira especial, muller entregada á causa, valente e capaz de loitar polos seus principios; ensinulles os diferentes tipos de torneos medievais, xogos divertidos, en equipo,, para superarse e coñecer novas habilidades.

ADS na primeira parte da mañá elaboraba e asinaba o seu comprimiso para este curso, que se concretaba co comezo da aventura Compostela Expres

ÁSs 12,30 h. baixaban todos e todas ao patio a facer a entrega de panos no centro do campo para que cada familia lle puxera o pano ao seu fillo-filla, asumindo un compromiso común: “impóñoche o pano para que....”

Aquí podedes ver algunhas imaxes da xornada.