Este sábado 19 de outubro 2019 comezaban as aventuras de cada movemento. Saltimbanquis mergullaba nos contos e historias máis coñecidas dándolle outra lectura; Andaina viaxaba no tempo coa súa particular máquina; e ADS iniciaba o "Compostela Expres".

As máis pequenas perderan un conto do biblioticario que quixeron recuperar, pero unha das súas personaxes foi a que lle deu as pistas para chegar ao final, o gran Hércules. Ensiáballes que a grandeza das persoas múltiplícase en compañía, facendo equipo para superar as adversidades e compartir as alegrías.

Andaina comezaba a súa viaxe da man do científico máis tolo do mundo, algo fixo mal que coa intención de transportarse ao futuro apareceron nunha caverna prehistórica, e cunha cavernícola aprenderon algunha das artes, como construirse as súas propias ferramentas e levaron unha lembranza; agradecidas polo vivido, decidiron relembrar cada quen a súa historia de vida e volver ao presente coa intención de dar as gracias polos bos momentos compartidos.

ADS comezaba a aventura cunhas probas iniciais do Compostela Express, puntería, baile, papiroflexia, xogos de enxeño, habilidades artísticas e moito máis. Previo a facer os equipos para o resto de aventura os animadores e animadoras terían que poñer a proba ao númeroso grupo de mociños e mociñas que se achegaran esa mañá á sala de xogos.

Algunhas das fotos que amosan o ben que o pasaron están aquí