O pasado 12 de outubro, animadores e animadoras de Alternativa Vaivén xuntábanse para darlle forma ao trimestre, coñecerse un pouco máis e organizar os detalles do calendario das actividades Saltimbanquis, Andaina e ADS.

O resto de proxectos de Abertal tamén están a organizarse pactando a reunión coas familias, entrevistas, etc.

A mañá comezaba nas oficinas do centro xuvenil nas que se fixo o reparto de animadores e animadoras novas, asignando o movemento que acompañarían este trimestre, a continuación pactáronse as concrecións do calendario e de seguido se puxeron mans á obra coas programacións, dinámicas, xogos e ambientacións das respectivas aventuras.

Unha vez rematada a mañá, compartiron a comida e gozaron dunha sobremesa con música e baile. Para rematar a xornada achegáronse ao CineTeatro Salesianos como broche final sumándose a unha boa sesión de cine.

Aquí podes atopar algunhas fotos.