Co alegría no corpo de ter celebrado o día de María Auxiliadora, Saltimbanquis, Andaina e ADS non quería perder a oportunidade de celebrar tamén cos seus compañeiros e compañeiras dos seus respectivos movementos.

ADS continuaba coa aventura de VitrADS, viaxes pola cidade, con probas pola rúa do Príncipe dábanlle visibilidade a rapces e rapazas que, seguindo o estilo de Domingo Savio practican eso de estar "sempre alegres"; niso consiste a santidade, nonsi?

En andaina os animadores e animadoras convertiranse en membros da orquestra de Viena. Como andainas tense que notar a nosa ledicia e levala aos demais (como reza a regra de ouro), por iso faremos un vídeoclip para colgar nas redes da canción de “María está pasando por aquí”convertíndoa na nosa especial oración na celebración de María Auxiliadora.

Como en tódalas festas que se precien non pode faltar comida, Saltimbanquis meteu as mans na masa para darlle forma a un doce para compartir neste fermoso día de primaveira, dedicado a María Auxiliadora.

Podes atopar algunhas imaxes pinchando aquí!