Dábamos comezo a un sábado diferente, unha xornada especial. Aínda que o Día das Letras Galegas fora o día anterior, celebrámolo coa mesma efusividade e intención. Vestidos tradicionais, cancións de toda a vida (para maiores e pequenas) e xogos para pasalo ben coa xente de Saltimbanquis, Andaina e ADS.

Saltimbanquis continuaba a súa interesante aventura das artes; hoxe sería a literatura a protagonista, a verba galega! Pero tiñamos un problema, e non atopabamos a Antón Fraguas, referente na loita polo coidado da lingua, da cultura popular e a identidade galega. Por iso tivemos que ser nós, as que recuperaramos todas esas verbas que fan do noso idioma algo especial.

Andaina pola contra, na súa particular viaxe no AndainaRail, xa que non estaba o maquinista para levarnos lonxe (por Europa adiante), aproveitaba para viaxar por Galicia e descubrir o bo de ter unha cultura e unha lingua propia. Deulles tempo a caer na conta que non todo o mundo ten a oportunidade de gozar da súa propia cultura (e todo o que eso implica) xa que están invadidas ou desprezadas e foi así que o xesto final se fixo con máis conciencia.

ADS, na mesma tónica de celebración das Letras Galegas, deu un paso máis, centrouse no himno, tentando recuperar e recoñecer os anacos extraviados! Pero non ía ser doado, moitas probas por equipos foron as excusas para pasalo ben!

Lembrámonos hoxe de Siria, lugar que está a sufrir constantes invasións, e Saltimbanquis, Andaina e ADS sumáronse ao xesto de irmandade entre os CCXX de España e os CCXX de Siria. Uns globos que poden ser protagonistas de risas, xogos e tempo de lecer, nalgunhas desas zonas castigadas, convírtense en indicadores de cores para non seren bombardeados. Nós quixémonos sumar coa horación de irmandade na nosa lingua, Noso Pai, e apoiar ao pobo Sirio mandando un saúdo cos mesmos globos que están a empregar.

 

Aquí podes ver unha escolma de fotos.