Unha Semana Santa máis, un grupo de animadores dos Centros Xuvenís de Vigo, Ourense, Lugo e León, unímonos para celebrar a Pascua realizando o Camiño de Santiago, na variante do Camiño Portugués da Costa.

Algúns comezamos a camiñar o Domingo de Ramos desde o mosteiro de Santa María de Oia e, aos poucos, fóronse incorporando os demais. As nosas mochilas ían cargadas de inquietudes, ilusións, esperanzas, dificultades, peticións, accións de grazas e motivacións moi diferentes das que fomos facéndonos máis conscientes ao longo das distintas etapas, coa oportunidade de revisar das nosas vidas, tanto na propia metáfora do camiño como a través da mensaxe litúrxica oportuno destes días.
Liturxia que puidemos compartir cos aldeáns das distintas poboacións polas que fomos parando: San Miguel de Oia, Trasmañó, Pontevedra, Caldas de Reis, Padrón e, finalmente, Santiago de Compostela. En todas elas atopámonos xente do máis diversa que nos acolleu con agarimo e con quen celebramos os momentos e xestos máis significativos da Paixón de Xesucristo: o lavatorio dos pés, a contemplación da Cruz e a Resurrección. Uns xestos que trasladamos a vivencias dos nosos días para que sigamos actualizando a mensaxe de Pascua. Para que en nosas propias realidades, deixemos de ser indiferentes como Pilatos, evitemos seguir crucificando inocentes, nos agachemos a coidar aos sinxelos e, sobre todo, saibamos darnos aos demais, permitindo ser luz que triunfe sobre a escuridade.

Aquí algunhas fotos.