O musical benéfico Vampiros estreouse este martes 29 no Cine Teatro Salesianos en Vigo, recadando fondos para a infancia e mocidade damnificada pola guerra en Siria. O precio da entrada foi de 3 euros, que se destinan íntegramente o proxecto solidario. Nesta obra participaron participan máis de 20 mozas/os da cidade entre actrices, actores, técnicos de son, técnicos de luz , maquilladoras, artistas de atrezzo apuntador , e director.

O martes 29 de abril ás 19 horas comezou o musical no Cine Teatro Salesianos.

Vampiros é un musical benéfico organizado polos/as mozas que participan da Asociación Xuvenil Abertal. Nel poden participar calquera de máis de 16 anos con ganas de pasar un bo rato e contribuir nun proxecto solidario. O musical escrito por Toño Casado , e adaptado por Jesús Villegas.

O musical comezou a súa organización en setembro, data na que se decidiu o día da posta en escea e invitouse ós rapaces a participar  no proxecto. Durante 7 meses as actrices e actores ensaiaron os textos nas instalación da Asociación Xuvenil Abertal e no Cine Teatro Saleasianos.

Houbo unha afluencia de  arredor de 500 espectadores e reuníronse  uns 1.400 euros.

 

Para ver as fotos do musical , aquí