imprimir

Pasada a Semana Santa, retomabamos as actividades de Alternativa Vaivén cun aire renovado, cunha motivación extra!

Saltimbanquis, Andaina e ADS chegaban ao centro xuvenil e enchían de valbordo todas as salas. Con algunha nova incorporación aos grupos e cambio de animadores e animadoras, comazaba cada movemento a súa aventura.

ADS, o grupo das máis maiores, arrincaba a aventura VitrADS. E como é ben sabido, non hai tarxeta que se precie, sen a súa burocracia para conseguila. De porta en porta, de proba en proba, todos e todas pasaron polas diferentes ventanillas.

O AndainaRail daba comezo na estación de ferrocaril de Abertal para chegar, con algún que outro mareado, á estación de Cannes. Famosos e famosas, directores de cine, camarógrafos, técnicas de imaxe e son, enchían a sala andaina nada máis poñer o pe nesta fermosa cidade. Co billete de tren con "escenitas" incluídas, decidiron cambialo por outra viaxe e destino mellor, ao estilo de Xesús.

Saltimbanquis rematara o anterior trimestre cunha votación e hoxe por fin descubrían ese resultado. Gozarían por votación popular dun trimestre de...... artes!!! E como a música amansa as fieras, comezaron por ela. Diversos estilos encheron a sala laranxa e incluso o patio de música, baile e bo rollo. Xa no tempo da corda descubriron que a música é un bo vehículo para a oración, a tranquilidade, etc.

Aquí podes atopar unha escolma de fotos.