imprimir

As festas do Entroido, tán típicas da nosa xeografía, xa petan na nosa porta e Abertal celebrouno por todo o aire. Máis de  80 nenas e nenos entre 3 e 12 anos participaron nas VII Mañás de Entroido. Outro ano máis, para facilicar a conciliación familiar, Abertal abriu as súas portas ás pequenas e pequenos de Vigo os días 4, 5 e 6 de Marzo. 

Rapazas e rapaces, xunto coas animadoras/es reuníronse cada día, dende as 8,45 h. da mañá ata as 14,00 h. da tarde para gozar duns días de Entroido diferentes onde xogo, risas, compañeirismo, deporte, amizade e tempo libre foron o centro.

A programación do campamento xirou entorno á busca da palabra Entroido que , xa canso de tanta celebración, decidiu fuxir da pancarta. As rapazas e rapaces de primaria fixeron unha búsca do "entroido" mediante probas; o final da primeira mañá, puidemos recuperar o entroido e coñecer un chisco máis sobre él. O segundo día achegámonos ó Mercado do Progreso para ver un espectáculo de maxia no que pequenos/as e maiores quedaron abraiados. O último día, por mor da chuvia non puidemos saír por Vigo facendo unha comparsa, pero a fixemos  de igual xeito no patio cuberto. Así, tanto infantil coma primaria puído ensinarlles ós demais os seus disfraces de súper heroes e heroínas.

Outro entroido máis o centro de lecer xuvenil foi ocupado polas mañás por nenos e nenas de 3 a 12 anos da cidade. Queremos que Abertal sexa un lugar para  rir, soñar, xogar, imaxinar e crear, de todo menos aburrirse. 

Pincha aquí para ver que ben o pasamos.