imprimir

Como unha alternativa xeitosa quedaramos o 23 de febreiro para pasar unha xornada de natureza xunto cos compañeiros e compañeiras de Amencer.

Saltimbanquis aproveitou a mañá para divertirse nos seus xogos favoritos, sen esquecernos que o Día de Rosalía estaba preto, polo que a tivemos presente recitando algúns dos seus pemas. Andaina por outra banda, coñeceu aso seus compañeiros, compañeiras, animadores e animadoras cos que compartirían o campamento Andaina do verán. Foi unha moi boa eperiencia xa que motivou e encheu de ganas a moitos e a moitas para facer a preinscrición (lembramos que é ata o 28 de febreiro).

Por outra bando, o grupo ADS, tamén tivo a oportunidade de atoparse e gozar de toda a xornada cos seus compañeiros e compañeiras de Amencer. Comezando por unha xincana por whatsapp coa que recorreron a contorna, e rematando cunha tarde de paseo polo río Miño e termas para relaxalo corpo, cremos que foi unha moi boa alternativa para a ausencia de neve en Manzaneda.

Saltimbanquis e Andaina, unha vez rematada a mañá, elixiron o Parque Botánico de Montealegre, para comer e gozar da tarde. Cunhas vistas espectaculares e unha compaña inmellorable, sacamos todos os xogos habidos e por haber para ter unha sobremesa compartida entre Saltimbanquis e Andaina.

Agradecidas pola acollida dos rapaces e rapazas de Amencer, polo bo clima e a natureza, os novos lugares coñecidos, as novas e antigas amizades, polo traballo dos aniamdores e animadoras, rematamos a xornada dos sábado cun bo sabor de boca.

Pincha aquí para ver as fotos.