Que ben! aínda que a neve quedara aprazada houbo actividade de Alternativa Vaivén e non foron poucos e poucas as que se achegaron a pasar unha mañá xenial.

Saltimbanquis aproveitou a compartir os seus xogos favoritos: a pita, o escondite, polis e cacos, e como non... o pañuelito! Pero de xeito especial xa que foi o pañuelito estrella no que toooodo o mundo participou. Todo isto axudounos a darlle unha volta a esto da nosa participación na toma de decisións, somos pequenos e pequenas, pero xa o dicía Xesús, que dun pequeno gran de mostaza medraba unha gran árbore. Pois con esa poderosa mensaxe marchamos para casa, non sen antes lembrar a preinscrición ao Campamento.

Andaina ao completo continuaba cos festexos, "un trimestre de festa" íase titular a vindeira aventura. Logo dos 125 anos dos salesianos en Vigo, da visita ás Salesianas en Coia, da celebración dos 40 anos de abertal non podiamos baixar o listón, así que continuando coa festa, no medio do balbordo colábasenos un habitante de Rapa Nui, e nos propoñía coñecer os seus festexos na Tapati Rapa Nui (celebración tracidional de preparación para a chegada da primaveira). Xa no tempo de amigos e amigas, caemos na conta de que a pesar da nosa diferencia a proposta de Xesús de irmandade non entendía de linguas e culturas, aproveitamos para agradecer ao noso Pai Deus, polos nosos irmáns e todas as súas cualidades nas que o viamos presente.

ADS tiña o campamento máis presente xa que relembrando todo o vivido no anterior a través dunhas imaxes, comezaron a preparar a maleta para o vindeiro, que logo se nos esquecen as cousas! Pero non ía ser tan sinxelo, xa que a busca de todos os materiais necesarios para un bo campamento sería en grupo, pero de verdade, encintados e encintadas, sen dar lugar a posibles fisuras no grupo.

Para mostra desto, pincha aquí e atoparás as fotos.