Logo dunha intensa semana de choiva, o parte meteorolóxico daba tregua para o sábado 2 de febreiro, así que o grupo Andaina decidiu que o mellor xeito de aproveitalo sería facendo un roteiro lúdico pola cidade. En moitos dos recunchos do centro de Vigo a familia salesiana foi deixando pegada e hoxe foron os rapaces e as rapaces de 9 a 12 anos os que gozaron e aprenderon neses lugares símbólicos, algo máis dos 125 anos da hitoria salesiana en Vigo.

ADS continuaba coa súa aventura autoxenerada, planeando ese final de curso, cunha morea de actividades e plans nos que gozar e medrar como grupo. Dividíronse engrupos de traballo para continuar preparando a súa idea da aventura, revisaron as ideas a propoñer, prezos e métodos de financiación.  No medio da preparación da aventura fixeron unha pausa para xogar ao “Pressing kiss”. Para rematar as representantes dos grupos expuxeron e elixiuse a mellor idea.

Saltimbanquis por outra banda, a pesares de ter xa festexado o día de San Xoán Bosco, non podían deixar pasar a oportunidade de coñecer o Cine Teatro Salesiano e o seu funcionamento da man de Gregorio, sabendo que Xoán Bosco é o patrón das artes escénicas.

A para mostra de todo esto, pinchando aquí podes atopar unha escolma de fotos.