imprimir

Era a primeira actividade do ano 2019 en Alternativa Vaivén, a primeira do segundo trimestre, e ninguén se imaxinaba de que ían ir as aventuras de cada un dos movementos (Saltimbanquis, Andaina e ADS).

Para comezar, ADS, retomaba e repensaba algo das súas vacacións de Nadal, verdaderamente foi Nadal para nós? máis aló dos agasallos, máis aló das abondosas comidas?... moitos e moitas viviran verdadeiros encontros! Para continuar, os mozos e mozas deste movemento, convertéronse nos artífices da súa propia aventura do trimestre "a aventura autoxerada"; algúns propoñían actividades en patinestes, o parque acuático, e ata disneyland!!! (deixaron voar a súa imaxinación). Puxeron enriba da mesa as propostas e fixeron a súa correspondente publicidade da proposta, pero esto non queda aquí, terán que conseguir financiarse, organizar e programar ditas actividades!!! Esto promete!

Por outra banda, Andaina, tiña unha das actividades especias que propuxemos polo mes de Don Bosco (tamén patrón do cine e as artes escénicas). Visitaron o cine da man de Gregorio (encargado do cine e coñecedor tanto da parte histórica como a párte técnica), fixeron de acomodadores e acomodadoras, e puxeron as súas habilidades teatrais a disposición dun xogo no que remataron rodando polo escenario do cine teatro.

Saltimbanquis non podía ser menos, coa axuda dun mapa e algunhas pistas, comezaron un roteiro lúdico co gallo dos 125 anos dos Salesianos en Vigo que lles axudaba a descubrir a historia dunha presenza que foi cambiando de localización, deixando pegada alí por onde pasaba. De aí se coñece que foi a motivación para poñerlle nome a algúns edificios e rúas de Vigo como "Padre Don Rúa", "Mª Auxiliadora", "Ronda Don Bosco", etc.

Algunhas das imaxes ben o amosan, se pinchas aquí poderás velas.