Abertal acolle a 64 nenas e nenos nas VIIII Mañás de Nadal

Outro ano máis, a Asociación Xuvenil Abertal (sita Rúa Venezuela 3 baixo), socia fundadora da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, abriu as súas portas as pequenas e pequenos de Vigo no campamento “Mañás de Nadal” dende o día 24 de decembro de 2018 ata o 7 de xaneiro do 2019, ambos incluídos. Rapazas e rapaces, xunto coas animadoras reuníronse cada día, dende as 8,45 h. da mañá ata as 14,00 h. da tarde.

Na octava edición do campamento, rapazas/ces gozan das súas vacacións en Abertal, facilitando desta maneira que as súas familias poidan conciliar a súa vida laboral e familiar.

A programación do campamento estivo formada por varios tipos de actividades tales como obradoiros de cociña, creación de adornos de nadal e postais navideñas, grandes xogos,  xogos populares, excursións (concurso de Beléns de Afundación e visita ao Mercado do Progreso) e ata xerminamos preto de 300 árbores para plantar en primavera en Chandebrito.

Así que este Nadal o centro de lecer xuvenil foi ocupado polas mañás por nenos e nenas de 3 a 12 anos da cidade. Queremos que Abertal sexa un lugar para  rir, soñar, xogar, imaxinar e crear, de todo menos aburrirse.

Preme aquí para ver que ben o pasamos.