O sábado 1 de decembro dábamos comezo en Alternativa Vaivén á sensibilización da campaña de recollida de alimentos do Nadal Solidario, que rematará o 21 de decembro co Obradoiro de Solidariedade. E os animadores e animadoras estamos convencidos que desde o rapaz ou rapaza máis pequeno do centro xuvenil, pode participar e sumar o seu graniño a esta causa.

Por iso, en Saltimbanquis, decidiron sumarse ao seu xeito. Todo comezou cunha sinxeliña receta de galletas, na que casualmente cada quen facía a súa masa, pero como non a todo o mundo lle saía a receita, propuxeron sumar todas as boliñas para facer unha única, e repartir o traballo entre todos e todas. Eso nos lembrou ao milagre dos pans e dos peixes no que nos dimos de conta que é o mesmo Xesús o que nos convida a transmitir a Boa Nova, cambiar o mundo, participar na recollida de alimentos, compartir o que temos, etc.

Andaina, continuando coa programación televisiba deste rimestre, emitirían en directo un programa de cociña no que tiñan que replicar unhas receitas que elixiran ás cegas. Empregando distintos elementos como a leite, a froita e biscoitos como base, deixaron fluir a súa imaxinación e saíron unhas presentacións moi xeitosas. Continuaron coa actividade poñéndolle o broche de ouro, mentres gozaban e compartían o que prepararan, cun tempo de amigos centrando nunhas conversas con preguntas moi interesantes coma por exemplo:coñeces o que é o Nadal solidario? Que se fai? Participas deste tipo de campañas? Coñeces outro tipo de campañas? Participaches? Que che suxeriron? Como celebras ti o Nadal? Estás pensando nos agasallos, na familia, na decoración, nas vacacións? e moitas outras reflexións.

Por outra banda, ADS comezou contando brevemente algunha anécdota da semana.  Ao rematar este momento explicouse en que consistiría a o día e sen dicir cal será a recompensa final comezaron comezaremos as probas, coa intención de amosar cales eran os mellores equipos. Para isto, nun primeiro momento reuniranse por grupos e decidirán quen participará en cada proba (todos eles deben participar, e se é necesario, algún terá que participar en varias ocasións, dependendo do número de rapaces). Para o tempo de paz, a idea que se traballou foi a importancia da amizade e o traballo en equipo. Amigo fiel, amigo seguro, quen o atopa, encontra un tesouro.

Aquí podes atopar unha escolma das fotos.