imprimir

A climatoloxía impediu a realización da primeira programación do magosto, que se ía desenvolver no monte Vixiador, mais permitiu xerar unha nova coa que poder estar acubillados por se a choiva se deixaba ver: feira de xogos e música tradicionais que deu paso ás castañas, para seguir aprendendo, gozando e saboreando as nosas tradicións. E foron preto dun cento de rapaces e rapazas as que se achegaron a participar desta fermosa actividade do centro xuvenil.