Neste sábado da ponte dos defuntos, apostamos por ter actividade, aínda que foran menos as rapazas e rapaces que se achegaron ata Abertal. Tivemos moita sorte pois a choiva deunos un respiro e puidemos saír e xogar sen medo a mollarnos os pés!

Os saltimbanquis continuaron ca aventura dos contos. Esta vez subíronse ó barco pirata e, seguindo as pistas do mapa, recorreron os 7 mares, fixeron fronte aos perigos do mar e atopáronse cos maiores dos tesouros: Os amigos. Xunto a este gran tesouro, cada un recibiu unha moeda de chocolate, que lles lembrará que eles tamén son un tesouro para os demais.
Para os andainas os focos acendéronse moi cedo e subiron ó escenario para lembrarse de que todos temos un talento.
Os ads continúan desenvolvendo as súas cualidades coma detectives para ver se son quenes de atopar o códice Telmus. Coma non tódalas informacións que chegan son fiables, este sábado estiveron a traballar a obxectividade.

Pincha aquí para ver que ben o pasamos.