imprimir

Durante o mes de Xaneiro e como xa empeza a ser habitual fun participe dunha actividade de ocio de fin de seman, xeralmente fago o voluntariado da tarde xa que e o que máis necesidade de voluntariado ten e a que mais escasa está.

Non sendo así esta vez, xa que ,ofrecéuseme a posibilidade de ir na actividade nocturna. Algo que me apetecía pois non tódolos rapaces que coñecera na festa de nadal poden acudir as actividades diúrnas. Polo que non dubidei e aceptei o plan da noite e así poder coñecer un pouco máis ao resto de socios, cos que habitualmente non son participe das súas actividades.
Por outro lado, sempre pensei que os plans de Abertal están moi ben adaptados aos socios, aínda que esta vez tamén parecera que estaba pensada para min, pois nunca puidera asistir a un monólogo, e foi desta a miña primeira vez.
Aquel home que parecía vestir unha perruca branca, aínda que era o seu propio cabelo. Fixo un monólogo con moita gracia, no que parte do espectáculo empregaba a guitarra para facer cabeceiras de telexornal para seguir facéndonos escachar coa risa e cos seus enxeñosos titulares.
Por momentos dubidei e moito quen o estaba a pasar mellor , o monologuista, os mozos o resto dos asistentes ou eu. Pola miña parte non era nada complicado, pois son frouxo de risa pero penso que tivo que ter moito aquel para que a nosa mesa de oito persoas non parase de alborotar toda a función.
E así pasaron catro horas, que escapáronseme voando !