A mañá do sábado 20 xuntámonos en abertal para ter un sábado de actividade en Alternativa Vaivén. Os rapaces e rapazas chegaron pouco a pouco, cadaquén á súa sala, para ter un momento de xogo libre. Mentres que os saltimbanquis xogaban na sala laranxa e os Andainas estiveron polo patio, ou ben saltando á corda, xogando ó baloncesto ou bailando, os ADS gozaron dunhas partidas de futbolín, ping- pong e algún que outro xogo de mesa.

Continuamos cas diferentes aventuras. Saltimbanquis continúa adentrándose no mundo dos contos e aprendendo xogos populares. Os Andainas facendo o seu propio programa de TV pola rúa e os ADS continúa buscando pistas para a súa aventura.
Á vez que os máis pequenos gozaban dos xogos polo patio do centro salesiano, os responsables do proxecto mantiveron un encontro coas familias na Aula Magna do Colexio. No transcurso do mesmo presentáronlles ás familias unha memoria fotográfica e as liñas mestras do desenvolvemento das actividades.
Unha vez rematou a reunión informativa, tivemos a xa tradicional imposición de panos. Os familiares dos nenos impuxéronlles ós rapaces e rapazas os panos segun o seu movemento. Foi un momento moi emocionante ver a todos, familias e nenos, rematar cun baile moi movido.

para mirar as fotos pincha aquí