Outro ano máis, coincidindo coas vacacións de verán, a Asociación Xuvenil Abertal levou a cabo a súa XI edición das “Mañás de verán”.
Nesta edición do campamento, participaron máis de 200 nenas e nenos, de 4º de Ed. Infantil a 6º de Ed. Primaria, de Vigo e arredores. A duración foi dende o 25 de xuño ata o 27 de xullo, ambos incluídos.

Rapaces e animadores reuníronse cada día, dende as 7:45 h. da mañá ata as 15:00 h. da tarde dependendo dos diferentes servizos que necesitaran as súas familias para poder conciliar a súa vida laboral e familiar, para gozar das súas vacacións con nós.
Ao longo das semanas leváronse a cabo obradoiros, misións imposibles, xogos en grupo, saídas á praia, visitas a diferentes puntos de interese cultura da no sa cidade, xogos de auga, buscas de tesouros...
A finalidade que queremos acadar en cada “Mañás de verán” é que os nenos e nenas teñan un lugar para xogar, imaxinar, soñar, rir, crear, facer novas amizades e sobre todo non aburrirse.