As animadoras e animadores da Alternativa Vaivén acompañados dalgúns dos preanimadores e preanimadoras deste curso, reuníronse o sábado, 29 de setembro, para seguir artellando os comezos de curso.


Unha mañá de convivencia na que falar das propias experiencias e motivacións, con tempo para a organización da acampada de inicio dos tres movementos e con ganas de compartir e seguir medrando xuntos.
Desde o café e o xogo inicial ata os avisos finais a xornada desenvolveuse con ritmo áxil e de xeito colaborativo ao requerir a participación de todos os participantes na construción das distintas propostas: horarios, actividades, distribución de espazos...
Na seguinte ligazón algunhas fotos do encontro.