O Centro Xuvenil Abertal levou a cabo as V Mañás de setembro no que participaron 60 nenos e nenas da cidade.


Coincidindo cos últimos días de vacacións de verán para os máis pequenos, e cos primeiros días laborais para as nais e pais, esta actividade xorde como resposta á necesidade de conciliar a vida laboral e familiar.

Nestas actividades, realizadas os días 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, e 11 de setembro para nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, nada menos que 62 rapaces e rapazas (e que debido á gran afluencia de interesados vímonos na obriga de ampliar prazas), participaron nunha dinámica de actividades moi diversas no Centro Xuvenil Abertal, coma por exemplo: adestramentos deportivos en colaboración co Clube de Baloncesto e Fútbol Sala do Colexio Salesianos.

Este ano rapaces e rapazas mergullámonos no mundo Disney. Cada día os animadores introducían, cos seus disfraces, ós pequenos nunha temática diferente. Comezamos con Peter Pan e Campanilla, logo de volver da illa dos nenos perdidos, aprendemos un pouco máis da sabana Africana e dos seus habitantes. Á volta da fin de semana, coas pilas cargadas, fomos capaces de derrotar ó malvado Darth Vader.


Se tes ganas de vivir esta aventura, aínda estás a tempo! Apúntate ás próximas actividades que temos preparadas para o Nadal.