Aínda non estabamos moi espertos o equipo de animadores cando os rapaces e rapazas Saltimbanquis, Andainas e ADS, comezaron a chegar con todo a súa enerxía á rúa Venezuela 3. Tal era a emoción que chegamos máis cedo do que nos agardaban, así que lle dimos á benvida a todos os centros xuvenís no patio do cole salesiano da Coruña.

Vaia Xuntanza que tivemos o pasado sábado 5 de maio. Saltimbanquis, Andainas e ADS de toda Galicia reuníronse na Coruña para gozar dun día enchido de diversión, xogo e bo ambiente. Aproveitaron tamén para comezar coas celebracións dos 25 anos de Abeiro.

ADS empeñouse a fondo en descubrir a cidade da Coruña coa excusa da misión (im)posible, para logo poder #PrepararAMesa. Todo esto e moitos máis xogos e momentos de convivencia foi o que gozaron xuntos os rapaces e rapazas ADS. Agardámosvos no campamento de verán de Castrelo (Cambados)!!

Andaina pasou unha xornada inesquecible no Parque de Bens coa presenza de lorenzo e rodeados pola natureza; todo esto inmellorable coa compaña de amigos e amigas doutros centros xuvenís de Galicia, coa motivación de conseguir un novo record Guinness.

Saltimbanquis estivo de Safari coa axuda do diario de Ana. Descubrindo o que podemos facer e interactuar con todo o medio ambiente que nos rodea a través de xogos e moita diversión, gozando do sol e da natureza. Puxéronse algo morenos, incluso!

Voltamos ledos a Vigo con ganas de compartir o vivido, e unha mostra delo son estas fotos.