O sábado 17 o espertador soou moi cedo. Os membros de Alternativa Vaivén  venceron os nervios e a incerteza, e tres buses saímos cara Cabeza de Manzaneda. As rapazas e rapaces de Saltimbanquis, Andaina e ADS agardaban a saída á neve, posposta dende o día 3 de Febreiro, xa que é a saída estrela do segundo trimestre e unha das máis numerosas.

Saímos de Vigo moi cedo, ás 8:30 xa que a viaxe ía a ser longa. Fixemos unha parada en Castro Caldelas para tomar o pequeno almorzo e poder estirar as pernas. Seguimos de camiño e as curvas, por moitas pastillas que levemos para evitalos, fan que os mareos convírtanse nunha tradición. A medida que nos achegabamos á zona habitual de xogo os nervios aumentaron xa que non era a paisaxe tan branca coma se esperaba.

Unha vez cos pes na terra, e nunca mellor dito, tocounos facer de exploradores e buscar un lugar onde poder gozar da tan ansiada neve. Mentres ascendíamos cara á cima, iamos atopando pequenos “oasis” de neve que fixeron aumentar en nós a esperanza de atoparnos, un pouco máis arriba, cunha ladeira xeada onde facer anxos de neve e tirarnos en grupo cos plásticos e trineos. Aínda que non era moi abundante, foi suficiente para gozar xuntos da mañá e pasalo en grande.
Cando a roupa de neve se converiu en roupa de auga e a fame facíase notar, sobre todo para os máis pequenos, a primeira quenda de rapazas e rapaces baixaron da montaña para mudar as roupas caladas por unha muda seca. Cara as tres da tarde, baixou a segunda quenda. Unha vez cambiados de roupa, e aproveitando o bo tempo, en pequenos grupos xantamos pola verde ladeira.

Deixando todo recollido, subimos aos buses para volver puntuais a Vigo, non sen antes parar en Ourense a merendar e xogar, acollidos pola Asociación Xuvenil Amencer.

Se queres ver as fotos pincha aquí.
Vémonos a vindeira fin de semana.