E chegou o domingo do Entroido.
Como é  de todos sabido, Ourense ten un Entroido que non ten perda e por iso, máis dunha ducia de animadoras e voluntarios do centro Xuvenil Abertal venceron a preguiza e desafiaron ó mal tempo e o domingo pola mañá puxeron rumbo á Ourense para pasar un día de festa xunto con todo o centro xuvenil de Amencer.

A Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia somouse á comparsa polas rúas de Ourense con dous grupos, un, formado polos animadores/as  de Abertal, coa temática da música disco dos anos 80’s e, a outra, formada polo centro xuvenil Amencer e algúns animadores de Vigo, de Ourenpoly.
Durante máis de dúas horas, ataviados con billetes de Ourenpoly  e uns cantos discos de vinilo, os animadores e animadoras, xunto co resto dos entroideiros e entroideiras cruzaron as animadas rúas de Ourense ata chegar a Praza Maior onde gozaron dun merecido descanso; momento no que tamén aproveitaron para encontrarse con vellas amizades e compartir a ledicia do momento.
Tras repoñer forzas e, de cando en cando saír a bailar, os animadores e animadoras de Abertal despedíronse da cidade das Burgas ata o 2019.

Para ver as fotos preme aquí