Entre nubes e claros, fomos baixando ao patio á espera do resto de compañeiros e compañeiras de Saltimbanquis e Andaina que chegaron ao longo da acollida. ADS prefería comezar a preparar na súa sala os utis que empregarían na súa actividade entroideira, a "mise en place" como dirían os profesionais!

Animadores e animadoras botando man das lembranzas dos xogos de cando eran pequenas, presentaron os máis populares que lembrarban cun sorriso na faciana dos bos momentos que lles viñan á mente. Non podían faltar nin o brilé nin a comba, os máis demandados, pero a goma coas súas cantigas e a sorpresa da zoadeira, xunto coas as carreiras do lorcho, o buscalume, os pelouros e o "sete e media" foron algúns dos descubrimentos que os máis pequenos lembrarán para vindeiras ocasións. Nunca foi tarde para aprender!

Para rematar, logo do duro traballo e entusiasmo posto polos rapaces e rapazas de ADS, rosquillas e filloas foron compartidas por toda a familias de Alternativa Vaivén. Algúnas pais e nais decidiron baixar á sala de xogos atraídas polo arrecendo e ben grata foi a sorpresa cando o sabor era igual! Bo traballo e feliz Entroido!

Podes ver o ben que o pasamos pinchando aquí!