Un ano máis, o Centro xuvenil Abertal, socio fundador da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, co motivo das diferentes celebracións pola conmemoración da figura de Don Bosco, levará a cabo a IV edición do Boscochef.


Este obradoiro consistirá nunha actividade de cociña, na que os nenos e nenas aprenderán xunto cos seus pais, a facer ricas receitas de comida en frío. Ditas receitas levaranas a cabo cinco estupendos chefs e pinches que colaboran desde os diferentes ámbitos salesianos para que os futuros cociñeiros o pasaran ben mentres aprendían artes culinarias.

Os nenos xunto cos seus país puideron disfrutar dunha clase  maxistral de cociña ofertada polos chefs dos diferentes ámbitos da obra salesiana (colexio, ANPA, Teranga, Abertal e SVE)

Para mirar as fotos pincha aquí.