Salltimbánquis, Andainas e ADS comezaban o 2º trimestre de actividades. Aventuras novas, lembranzas do Nadal e as memorias de Xoan Bosco foron as temáticas sobre as que viraron as actividades.

Saltimbanquis, coñecedores dos Amigos de Juanito, seguiron coñecendo a esas outras persoas que apareceron na vida de Don Bosco e lle deixaron aprendizaxes e lembranzas moi valiosas. Don Cafaso, Mamá Margarita, Domingo Savio foron algúns dos mediadores nos xogos dos máis pequenos. Andaina por outra banda comezaba unha nova aventura do circo, facendo unha chiscadela ás habilidades circenses de Xoan Bosco. ADS tentou poñer un punto de partida ao seu trimestre cunha aventura autoxenerada que descubriremos os vindeiros sábados. Pero non esqueceron agradecer todo o recibido, máis aló dos agasallos, facéndose conscientes dos gastos e desexos que moitas veces nos afogan estas festas.

Aquí podedes ver as fotos.

 

Continuaremos o vindeiro sábado, agardámosvos!